As clases quedan suspendidas en todos os centros educativos galegos, como medida de precaución polo mal tempo A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu suspender as clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, mércores 16 de decembro.
Esta decisión tómase como medida de precaución, en base á predición feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómenos meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán a Galicia en cotas baixas a partir das 12 desta mesma noite.
A Consellería de Educación garante deste xeito que non se produza incidencia algunha no acceso dos escolares aos seus centros, así como preserva a seguridade do alumnado, profesorado e persoal non docente.
Nova da XUNTA
|
Unha vez máis a previsión do tempo fainos modificar o magosto para o venres día 20 de novembro, ás 13.00 h.
De estar bo día, traian ese mesmo día as castañas cun corte xa feito para podelas asar ( das bebidas encárgase a ANPA)
Sendo unha xornada de convivencia entre alumnos, profesores e pais dos nenos, convidámoslles a participar nesta celebración
|
Folla de inscrición para Actividades extraescolares
ENTREGAR NO COLEXIO ESTA SEMANA
Desexo que o meu fillo sexa inscrito na actividade de:
OBRADOIRO DE INGLES ... 16 euros / mes
Infantil (3, 4 e 5 anos) Mércores de 16,30 a 17,30
Primaria ( 6 , 7 e 8 anos) Mércores de 17,30 a 18,30
Grupos de 5 a 10 alumnos.
Se hai demanda empezarase o mércores 21 de outubro, e cobrarase medio mes.
KARATE ... 16 euros / mes
Idade mínima de 5 anos. Grupo mínimo de 8 alumnos.
Luns e mércores de 16,30 a 17,30.
Deberá levar un karategui ( kimono de karate)
Se hai demanda empezarase o luns 2 de novembro.
TEATRO ... 10 euros / mes
Infantil (3, 4 e 5 anos), xoves de 16,30 a 17,30
Primaria ( 6 a 12 anos), xoves de 17,30 a 18,30
Grupo mínimo de 8 alumnos.
Se hai demanda empezarase o xoves 22 de outubro, e cobrarase medio mes.
É imprescindible ser socio da ANPA para participar nas actividades extraescolares, No prezo destas actividades xa está incluído un desconto de 2 euros, diñeiro que achega a ANPA. As familias terán un desconto adicional de 2 euros se os seus fillos inscríbense en 2 ou máis actividades.
A forma de pago e o día de comezo da actividade informarase a próxima semana, unha vez que comprobemos que hai suficientes alumnos para formar grupo.
A actividade de debuxo e pintura non se presenta ao non haber un monitor dispoñible. Para a actividade de Obradoiro de Ínguas non houbo suficientes solicitudes para o grupo de 9 a 12 anos.
Para dúbidas e información, chamen ao teléfono 626 46 15 21
____________________________________
1.- Alumno ( nome e apelidos)......................................
2.-Idade do Alumno........................................................
2.- Pai/ Nai (nome e apelidos)......................................
3.- Curso do alumno........................................................
3.- Teléfonos de contacto................................................
4.-Correo electrónico......................................................
Recordamos aos pais dos alumnos deste Colexio, que o recibo do ANPA correspondente ao curso 2009-2010, está á súa disposición na portería, e o importe é de 15 euros por familia .
|
ENQUISA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2009-2010
Estamos intentando organizar algunhas actividades extraescolares; e necesitamos saber: que alumnos queren actividades, que actividades son as preferidas, e que días iríanlles ben. O prezo das actividades dependerá do número de alumnos e que tipo de monitor contratamos. Esta enquisa non compromete , pero si dá preferencia á hora de elaborar os grupos.
Unha vez devolta a enquisa, e dependendo do número de solicitudes; decidiremos que actividades intentamos organizar e tras pornos en contacto cun monitor, enviaremos ao colexio unha proposta de actividades, con horarios, duración e prezos. Por isto, Solicitámoslles que cubran esta enquisa e devólvana no colexio canto antes
D/na……………..…………………………………………….. pai/nai do alumno/a……….…………………………..…............do curso de (marcar o que corresponda)
Educación Infantil:
3 anos 4 anos 5 anos
Educación Primaria:
1º ciclo 1º curso 2º curso
2º ciclo 3º curso 4º curso
3º ciclo 5º curso 6º curso
teléfono.…...………………...............................
correo eléctrónico........................................
1.- ACTIVIDADE marque cunha “X” nas que estea interesado
- INGLÉS
- TEATRO
- DEBUXO – PINTURA
- ARTES MARCIAIS
- Outra …........................................................
2.- DIAS DISPOÑIBLES sinale os días da semana que teña dispoñibles,
Luns Martes Mércoles Xoves Venres
(lembre que as actividades se farían entre as 4.30 y 6.30, e a sua duración dependerá da actividade)
|
A.N.P.A. “Virxe de Fátima”
C.E.I.P. Ramón Cabanillas
Castiñeiriño – Santiago
Asunto: Convocatoria de Asamblea Xeral Ordinaria
Convócase aos pai e nais dos alumnos do C.E.I.P. Ramón Cabanillas á Asamblea Xeral Ordinaria que terá lugar o vindeiro Xoves, día 24 de Setembro do 2009, as 17:00 horas en 1º convocatoria e ás 17:15 horas en 2ª convocatoria coa seguinte orde do día:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.- Informe do estado de contas.
3.- Informe das xestións realizadas ao longo do curso 08/09.
4.- Suxerencias e Preguntas.
Rogáselles a súa asistencia á reunión convocada pola importancia de intentar planifica-las actividades deste ano e falar do novo colexio.
Lembrarlles tamén que os recibos de socio xa están en portería, son 15 euro o ano.
Lembramoslles que contamos coa dirección de correo electrónica:
anpa.rcabanillas@gmail.come tamén unha pequena páxina
http://anparamoncabanillas.blogspot.comGustaríanos que todos enviasennos as súas direccións de correo electrónico para poder mantelos informados de calquera noticia ou actividade relacionado cos nenos
Santiago de Compostela, 22 de Setembro de 2009
|