•8:14
As clases quedan suspendidas en todos os centros educativos galegos, como medida de precaución polo mal tempo


A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu suspender as clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, mércores 16 de decembro.

Esta decisión tómase como medida de precaución, en base á predición feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómenos meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán a Galicia en cotas baixas a partir das 12 desta mesma noite.

A Consellería de Educación garante deste xeito que non se produza incidencia algunha no acceso dos escolares aos seus centros, así como preserva a seguridade do alumnado, profesorado e persoal non docente.

Nova da XUNTA
•3:29

Un traballo comunitario de Lola Fernández, Sabela López, Uxía Méndez e Raquel Mourón, alumnas de catro anos do CEIP Ramón Cabanillas fíxose co terceiro premio.