•15:54
Mañá mércores 29 de setembro está convocada folga xeral

Ante a folga, o colexio debe permanecer aberto. Os servizos mínimos do CEIP Ramón Cabanillas son unha persoa da Directiva e unha persoa de Administración e servizos. Non hai información sobre se os docentes secundan a folga ou non.

ACTEX e a empresa de cátering comunicaron a súa intención de manter o servizo de comedor
•5:27
O vindeiro xoves 23 de setembro ás 5 da tarde proseguiremos a asemblea para elixir a Directiva. Debido ao alto número de voluntarios a formar parte da directiva acordamos conceder unha semana para que se poida formar unha ou varias candidaturas. O vindeiro xoves ás 5 a asemblea de socios procederá a ratificar a xunta directiva ou ben a votar no caso de presentarse máis dunha candidatura.

IMPORTANTE. No caso de procederse a votar, só poderán facelo os socios acreditados, para iso solicitarémoslles comprobante de pago de recibo e DNI
•7:50
Convócase a tódolos país e nais de alumn@s do CEIP Ramón Cabanillas á Asamblea Xeral Ordinaria que terá lugar no colexio o XOVES 16 de setembro do 2010 ás 16:30 horas en primeira convocatoria e ás 17:00 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Informe e aprobación, se procede, das contas anuais.
3. Cese do mandato da actual Xunta directiva.
4. Elección dos membros da Xunta directiva.
5. Rogos e preguntas.
•18:07
4 recorridos:

RUTA 1..............................Saída ás 8:30
1. Isidro Parga Pondal
2. Cotolengo
3. Bar Luciano (ida)
4. Ponte Vía
5. Calefacciones Baluja
6. Xiro Tilos
7. Ponte Vía (retorno)
8. Bar Luciano (retorno)
9. Lilas
10. Colexio

RUTA 2..............................Saída ás 8:30
1. Pontepedriña
2. República Arxentina
3. A Rosa
4. Fernando III
5. Colexio

RUTA 3..............................Saída ás 8:30
1. Avenida de Lugo - Altaira
2. Rúa do Canteiro
3. Midas
4. Clínica Robur (rúa Curros Enríquez)
5. Ponte Sar ( Bar Chantadina)
6. Ponte Sar (Bar Mosquera)
7. Cruce Picaños
8. Colexio

RUTA 4..............................Saída ás 8:30
1. Devesa
2. Angrois
3. Camiño Real de Angrois
4. Cruceiro de Sar
5. Colexio
•18:05
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
O día 13 de setembro repartiránselles aos nenos os folletos informativos e impreso de inscrición.
•17:59
COMEDOR E AULA DE TARDE
Estes servizos comezan o venres día 10 de setembro para os usuarios que fixeron a inscrición en xuño.
Calquera dúbida ou novas inscricións póñanse en contacto coa empresa responsable. ACTEXGA S.L. ,Tf 607 582 719.

AULA MATINAL (madrugadores)
Dará comezo o lúns día 13 de 7:30 a 9:00
empresa responsable ACTEXGA S.L.
•3:46
•3:35
Por cortesía da Directora do centro poñemos á vosa disposición en Scribd as listas de libros e material para o vindeiro curso en formato pdf para ver, descargar ou imprimir..

LISTA DE LIBROS_(TODOS OS CURSOS INCLUINDO EDUCACIÓN INFANTIL)

MATERIAL PARA EDUCACIÓN INFANTIL 3ANOS

MATERIAL PARA EDUCACIÓN INFANTIL 4ANOS

MATERIAL PARA EDUCACIÓN INFANTIL 5ANOS

IMPORTANTE: AVISO LIBROS 3º E 4º DE PRIMARIA
•3:31

•3:25
O curso pasado aprendemos moito sobre as aves do noso entorno. Este Libro que fixemos vainos servir para non esquencermolo nunca.