O vindeiro xoves 23 de setembro ás 5 da tarde proseguiremos a asemblea para elixir a Directiva. Debido ao alto número de voluntarios a formar parte da directiva acordamos conceder unha semana para que se poida formar unha ou varias candidaturas. O vindeiro xoves ás 5 a asemblea de socios procederá a ratificar a xunta directiva ou ben a votar no caso de presentarse máis dunha candidatura.
IMPORTANTE. No caso de procederse a votar, só poderán facelo os socios acreditados, para iso solicitarémoslles comprobante de pago de recibo e DNI
IMPORTANTE. No caso de procederse a votar, só poderán facelo os socios acreditados, para iso solicitarémoslles comprobante de pago de recibo e DNI
0 comentarios: