•3:02
REPRESENTACIÓN TEATRAL
Flis-fli-ris-flas
Campaña de fomento da lingua galega e da lectura no ámbito familiar Cóntallo en galego


Convidamos a todos os pais, nais e nenos/as a participar na representación do conto “Flis-Fli-Ris-Flas” que a compañía Matapiollos vai levar a cabo o próximo domingo 30 de novembro no Auditorio de Galicia, en sesións ás 12:30 h e ás 18:30 h.
A participación e libre e de balde ata cubrir o aforo
•17:13
Queremos comunicarlles que a directiva da ANPA mudou de compoñentes, debido a que xa pasaron os dous anos que dura o mandato da Anpa, como así establecen os estatutos.

Queremos que saiban que estamos con ganas de traballar polo benestar e o bo desenrolo dos nosos fillos/as nestes anos tan importantes nas súas vidas no C.E.I.P Ramón Cabanillas.

Espero que nos fagan chegar todas as dúbidas, suxerencias, queixas, e todo aquilo que consideren que poida mellorar a educación que reciben os seus fillos.

A nova directiva está composta por:

Manuel Ángel Sío, Presidente
Sandra Suárez, Vicepresidenta
Carlos Villaverde, Secretario
Montserrat Guerra, Tesoureira
Isabel Zapata, Vocal
Mª Dolores Castiñeiras, Vocal
Santiago Penas, Vocal
Luísa Raposo, Vocal

Lembrarlles tamén que os recibos de socio xa están en portería dende que principiou o curso, son 15 euros o ano. Pensen que é unha gran axuda para os nosos fillos , pois este diñeiro revirte na gratuidade dalgunhas viaxes dos alumnos, bolsas de fin de curso, adquisición de material deportivo entre outras cousas.

Ademais contamos coa dirección de correo electrónica

anpa.rcabanillas@gmail.com

ademais dos seus comentarios, nos gustaría que todos enviásennos as súas direccións de correo electrónico para poder enviarlles ao seu correo notas informativas.
Tamen estamos desenvolvendo unha páxina de internet:

http://anparamoncabanillas.blogspot.com/

onde iremos colocando tanto as notas informativas como outro tipo de información que sexa de interes. Aquí teñen a posibilidade de engadir os seus comentarios en cada noticia.

Sen mais reciban un cordial saudo


Santiago de Compostela, 12 de Novembro do 2008
•5:56



Comunícase a tódolos pais e nais de alumnos que o vindeiro venres día 7 de novembro, ás 13.00 h, seguindo a tradición dos últimos anos vaise celebrar a chegada do outono cun magosto. Para iso sería necesario que casa neno trouxera unhas poucas castañas cun corte xa feito para podelas asar ( das bebidas encárgase a ANPA, coa colaboración do Corte Ingles)

Sendo unha xornada de convivencia entre alumnos, profesores e pais dos nenos, convidámoslles a participar nesta celebración.

•14:49



Benvidos