•2:28
Xa celebramos o antroido, un día moi especial para todos. O último entroido que se celebra neste edificio pois o próximo curso estrearemos as novas instalacións.

De recordo subimos unhas fotos



•10:11
1.- Mañana Jueves, 21 de enero, hay convocada una huelga en la enseñanza pública no universitaria en contra del documento “Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia”.

Aunque los colegios deben permanecer abiertos y se puede llevar a los niños, teniendo en cuenta que como servicios mínimos se ha acordado que haya un solo profesor en cada centro, RECOMENDAMOS la no asistencia de nuestros hijos para evitar situaciones de desorden, riesgo, etc pues todo el alumnado estará a cargo de una sola persona. También recomendamos justificar dicha no asistencia por las razones que cada familia considere: por apoyar la huelga, para evitar riesgos a los niños, o por cualquier otra.

2.- Como directiva del ANPA queremos manifestar que:

Invitamos a todas las familias a que, dentro de sus posibilidades secunden el paro no enviando a los niños al colegio mañana jueves 21 de enero.

Invitar a asistir a la manifestación que partirá mañana jueves a la 11,30 de la Alameda de Santiago de Compostela.

Apoyar y agradecer al profesorado del centro que secunde la huelga, su defensa de la escuela pública.

Sumarnos al comunicado de la Federación Municipal de ANPAS, que se enviará a la prensa.

Desarrollar con normalidad la actividad de Teatro.

Anunciar que estamos organizando una reunión para poder debatir sobre este decreto
•0:42
Ola.

O vindeiro xoves 21 de xaneiro hai convocada unha folga no ensino.Na páxina

http://www.queremosgalego.org/

tendes os motivos.


Podedes enviarnos dúbidas ao mail ou escribir os vosos comentarios neste blog



Un saúdo
•8:14
As clases quedan suspendidas en todos os centros educativos galegos, como medida de precaución polo mal tempo


A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu suspender as clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, mércores 16 de decembro.

Esta decisión tómase como medida de precaución, en base á predición feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómenos meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán a Galicia en cotas baixas a partir das 12 desta mesma noite.

A Consellería de Educación garante deste xeito que non se produza incidencia algunha no acceso dos escolares aos seus centros, así como preserva a seguridade do alumnado, profesorado e persoal non docente.

Nova da XUNTA
•3:29

Un traballo comunitario de Lola Fernández, Sabela López, Uxía Méndez e Raquel Mourón, alumnas de catro anos do CEIP Ramón Cabanillas fíxose co terceiro premio.
•23:02
Unha vez máis a previsión do tempo fainos modificar o magosto para o venres día 20 de novembro, ás 13.00 h.

De estar bo día, traian ese mesmo día as castañas cun corte xa feito para podelas asar ( das bebidas encárgase a ANPA)

Sendo unha xornada de convivencia entre alumnos, profesores e pais dos nenos, convidámoslles a participar nesta celebración
•3:36
Folla de inscrición para Actividades extraescolares

ENTREGAR NO COLEXIO ESTA SEMANA

Desexo que o meu fillo sexa inscrito na actividade de:

OBRADOIRO DE INGLES ... 16 euros / mes
Infantil (3, 4 e 5 anos) Mércores de 16,30 a 17,30
Primaria ( 6 , 7 e 8 anos) Mércores de 17,30 a 18,30
Grupos de 5 a 10 alumnos.
Se hai demanda empezarase o mércores 21 de outubro, e cobrarase medio mes.

KARATE ... 16 euros / mes
Idade mínima de 5 anos. Grupo mínimo de 8 alumnos.
Luns e mércores de 16,30 a 17,30.
Deberá levar un karategui ( kimono de karate)
Se hai demanda empezarase o luns 2 de novembro.

TEATRO ... 10 euros / mes
Infantil (3, 4 e 5 anos), xoves de 16,30 a 17,30
Primaria ( 6 a 12 anos), xoves de 17,30 a 18,30
Grupo mínimo de 8 alumnos.
Se hai demanda empezarase o xoves 22 de outubro, e cobrarase medio mes.

É imprescindible ser socio da ANPA para participar nas actividades extraescolares, No prezo destas actividades xa está incluído un desconto de 2 euros, diñeiro que achega a ANPA. As familias terán un desconto adicional de 2 euros se os seus fillos inscríbense en 2 ou máis actividades.

A forma de pago e o día de comezo da actividade informarase a próxima semana, unha vez que comprobemos que hai suficientes alumnos para formar grupo.

A actividade de debuxo e pintura non se presenta ao non haber un monitor dispoñible. Para a actividade de Obradoiro de Ínguas non houbo suficientes solicitudes para o grupo de 9 a 12 anos.

Para dúbidas e información, chamen ao teléfono 626 46 15 21

____________________________________

1.- Alumno ( nome e apelidos)......................................
2.-Idade do Alumno........................................................
2.- Pai/ Nai (nome e apelidos)......................................
3.- Curso do alumno........................................................
3.- Teléfonos de contacto................................................
4.-Correo electrónico......................................................

Recordamos aos pais dos alumnos deste Colexio, que o recibo do ANPA correspondente ao curso 2009-2010, está á súa disposición na portería, e o importe é de 15 euros por familia .