•1:58
Temos no cole unha enquisa de actividades. Participa e decide que actividades ofreceranse en setembro.
•1:55
Xa se pode recoller no cole. Entregar antes do 30 de Xuño
•1:49
Enlace para:

Axudas para libros de texto
•21:46

A Anpa e o Clube Deportivo do colexio imos organizar na tarde do xoves 17 de xuño a partir das 17.30 horas unha pequena representación e exhibición a cargo d@s nen@s das actividades de Teatro e Baile Moderno.

Estades todos convidados a pasar polo Salón de Actos do Centro Sociocultural Agustín Bueno do Castiñeiriño para asistir a estas actuacións
•0:39
Xa se publicaron as listas provisionais do alumnado admitido de cara o vindeiro curso.

Recordade que do 20 ao 30 de xuño hai que formalizar a matrícula.

Tedes toda a información no colexio.
•3:55

•21:56

Convócase aos país e nais dos alumnos do C.E.I.P. Ramón Cabanillas a unha Asemblea xeral extraordinaria, que terá lugar o vindeiro xoves 15 de abril ás 16.30 horas, co seguinte orde do día:

1) Información sobre o novo colegio.

2) Integración coa ANPA Colexiata do Sar

3) Información sobre o servizo de madrugadores e comedor.

4) Planificación das actividades extraescolares para o curso 2010-2011.

5) Rogos e preguntas.

E moi importante que vos animedes a acudir para poder participar e impulsar aquelas iniciativas que vos parezan interesantes. No mes de maio esperamos poder sacar unha enquisa xa con prezos. Organizaranse servizo de madrugadores, comedor, aula de tarde e diversas actividades concretas.