•21:56

Convócase aos país e nais dos alumnos do C.E.I.P. Ramón Cabanillas a unha Asemblea xeral extraordinaria, que terá lugar o vindeiro xoves 15 de abril ás 16.30 horas, co seguinte orde do día:

1) Información sobre o novo colegio.

2) Integración coa ANPA Colexiata do Sar

3) Información sobre o servizo de madrugadores e comedor.

4) Planificación das actividades extraescolares para o curso 2010-2011.

5) Rogos e preguntas.

E moi importante que vos animedes a acudir para poder participar e impulsar aquelas iniciativas que vos parezan interesantes. No mes de maio esperamos poder sacar unha enquisa xa con prezos. Organizaranse servizo de madrugadores, comedor, aula de tarde e diversas actividades concretas.

|
This entry was posted on 21:56 and is filed under . You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site.

3 comentarios:

On 15 de abril de 2010, 2:54 , Patricia Teo Ríos dijo...

Boas, eu non sei todavía se vou ter praza no colexio pero a miña aportación é:
Gustaríame que o servizo de madrugadores comenzara ás 07:30
Teño entendido que no Pio XII teñen unha coidadora para cambiar aos rapaces de infantil, este servizo parace ser que é pagado a parte e porque ese centro ten unha coidadora. Non creo que sexa moi legal pero sería bo mirar a ver se se pode considerar algo parecido.
Tamén considero que alguén debería porse en contacto co concello por se existe algunha subención para actividades que eles chaman campamentos de verán, igual neste curso académico non pode ser pero sería unha opción a considerar nun futuro.

 
On 15 de abril de 2010, 23:41 , Concha dijo...

Sentín non poder ir á reunión, pero onte pola mañá aínda non me chegara a mensaxe.
Seguiremos as novas, e trataremos de estar nas próximas reunións.
A nós interesanos madrugadores e comedor.
Saúdos

 
On 4 de junio de 2010, 7:10 , Anónimo dijo...

Q tonteria es el ramon cabanillas el mejor. Es lamas de abade!!!!b!!!b!!!!! Tontos tontos tontos los mejores los de sexto del ramon cabanillas