•12:11
O prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o próximo curso 2010/2011 será do 1 de marzo ao 6 de abril, ambos os dous inclusive.

Servizos ofertados polo centro: Transporte escolar, Servizo de madrugadores, Comedor, Actividades extraescolares.

O centro dispón de toda a información sobre a zona de influencia así como do transporte escolar.

As directivas das ANPAs de Ramón Cabanillas e Colexiata de Sar estamos planificando o servizos de madrugadores, comedor e extraescolares. Temos dúas liñas de actuación, por unha banda ofrecer actividades específicas que permitan aos alumnos partipar en actividades concretas e por outra banda facilitar a conciliación da vida familiar e laboral xestionando a apertura continuada do centro mediante a secuencia madrugadores-clases-comedor-actividades extraescolares.

As novas instalacións que inauguraremos o próximo curso permitirannos ofrecer un amplo e renovado programa de actividades. Por isto, necesitamos coñecer as opinións tanto do actual alumnado como do de nova incorporación, así que unha vez terminado o prazo de inscrición intentaremos contactar con todos vós. Para resolver calquera dúbida podedes contactar coa ANPA no correo electrónico: anpa.rcabanillas@gmail.com

Oferta de postos escolares, Das prazas ofertadas, resérvanse 6 de 4º de Infantil e 6 de 1º Primaria para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

4º Curso de Educación Infantil..... 50
5º Curso de Educación Infantil..... 33
6º Curso de Educación Infantil..... 27
1º Curso de Educación Primaria......7
2º Curso de Educación Primaria... 24
3º Curso de Educación Primaria... 15
4º Curso de Educación Primaria... 20
5º Curso de Educación Primaria... 18
6º Curso de Educación Primaria... 16

Podedes descargar o documento para solicitar a inscrición no seguinte enlace
Documento para solicitude de admision

Lexislación:
Decreto 30/2007, do 15 de marzo (DOG 16/03/2007)
Orde do 17 de marzo de 2007 (DOG 19/03/2007)

O CEIP Ramón Cabanillas na prensa: O novo colexio de Pontepedriña elevará a oferta educativa de infantil e primaria en Santiago
|
This entry was posted on 12:11 and is filed under . You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site.